A Asociación
Quen somos
A Jalleira é unha asociación sen ánimo de lucro. A semente da asociación nace no 2013 pola iniciativa dun grupo de mozos e mozas do colectivo forestal que comparten o seu interese común polo medio natural. Cremos firmemente no valor dos nosos montes e na importancia do seu uso múltiple e sostible.
A nosa misión
Para acadar estes obxectivos, consideramos fundamental promover o estudo e coñecemento do noso entorno natural, organizando, coa túa axuda, diferentes tipos de iniciativas e proxectos que nos axuden a conservar e mellorar os nosos espazos naturais, intentando crear o interese e a participación da veciñanza.
Realizamos roteiros guiados, cursos, xornadas de voluntariado e calquera outra actividade que contribúa coa natureza. Traballamos en proxectos como o Proxecto Valla de prevención de incendios, xornadas forestais, limpezas de ríos e campañas de concienciación ambiental.
Pretendemos consolidar a educación ambiental como ferramenta beneficiosa para a sociedade, fomentando e promovendo o coñecemento e estudo do medio natural e mostrar o monte como fonte de recursos, oportunidades e futuro.
Os nosos valores
- Conservación: Protexemos e restauramos os ecosistemas naturais da nosa terra.
- Educación: Promovemos o coñecemento e respecto polo medio natural.
- Prevención: Traballamos para evitar novos incendios forestais.
- Comunidade: Implicamos aos veciños e comunidades de montes na xestión sostible.
- Acción: Pasamos das palabras aos feitos con proxectos concretos e efectivos.
Únete a nós
Se es unha persoa con inquietudes ambientais ou se che gusta disfrutar e aprender do teu entorno, non o dubides, esta é a túa asociación. Únete, participa e desfruta!
